PDB 1jth | |
Proteína asociada ao sinaptosoma 25 (Synaptosomal-associated protein, 25kDa)
| |
Identificadores | |
Símbolo | SNAP25 |
Símbolos alt. | SNAP-25; CMS18; RIC-4; RIC4; SEC9; SNAP; bA416N4.2; dJ1068F16.2 |
Entrez | 6616 |
OMIM | |
RefSeq | NP_003072 |
UniProt | P60880 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 20 :(10.22 – 10.31 Mb) |
A proteína asociada ao sinaptosoma 25 (SNAP25 ou SNAP-25 do inglés sinaptosomal-associated protein 25) é unha proteína t-SNARE de 25 kDa que está codificada en humanos no xene SNAP25 situado no cromosoma 20, que intervén na fusión das membranas das vesículas sinápticas durante a neurotransmisión.[1] A SNAP-25 é un compoñente do complexo trans-SNARE, o cal se propón para explicar a especificidade da fusión de membranas e para executar directamente a fusión ao formar un complexo apertado que une a membrana da vesícula sináptica cargada de neurotransmisor e a membrana plasmática da neurona presináptica.[2]