Sakhir

Sakhir (Lingua árabe: الصخير‎) é unha zona do deserto situada no Reino de Bahrain, preto de Zallaq. Contén o Palacio Al-Sakhir, construído en 1870. Na década de 2000, a área viu moitos cambios, como a creación do campus principal da Universidade de Bahrain e o Circuíto Internacional de Bahrain. Ademais, moita xente vai a Sakhir de cámping.[1] Sakhir é tamén a sede do Al Areen Wildlife Park, o único Parque Natural e zoolóxico que se atopa en Bahrain.

  1. Al Jayousi, Mohammed. "Bahrain wilderness camping draws families, youth". al-shorfa (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. Consultado o 12 de xullo de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in