Salmonella enterica

Salmonella enterica (que ten o sinónimo heterotrópico Salmonella choleraesuis) é unha especie de bacterias con forma de bacilo, flaxeladas, anaerobias facultativas, gramnegativas, da familia das enterobacteriáceas. É unha das dúas especies do xénero Salmonella, xunto con S. bongori.[1] A especie comprende 6 subespecies divididas en serovares, entre as cales hai importantes patóxenos produtores de salmonelose e febre tifoide (non confundir co tifo).

  1. Giannella RA (1996). Salmonella. In: Baron's Medical Microbiology (Barron S et al., eds.) (4th ed.). Univ of Texas Medical Branch. ISBN 0-9631172-1-1. (via NCBI Bookshelf). 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in