Sapo

Sapo
Rango fósil: Paleoceno tardío – actualidade[1]

Bufo viridis


Canto territorial do macho de Atelopus franciscus

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Suborde: Neobatrachia
Familia: Bufonidae
Gray, 1825
Distribución dos sapos (en negro)
Distribución dos sapos (en negro)

Distribución dos sapos (en negro)
Xénero
Máis de 35, véxase o texto
Canción do sapo común.

Os verdadeiros sapos, e os máis coñecidos polo común da xente, son os membros da familia dos bufónidos (Bufonidae) da clase dos anfibios, orde dos anuros (Anura), de distribución cosmopolita, con dúas especies ibéricas presentes en Galicia, e caracterizadas por teren o corpo repoludo, a pel moi verrugosa, a pupila horizontal e grandes glándulas parótides.[2]

Así e todo, un número de especies pertencentes a outras familias tamén son comunmente denominados sapos. Isto é así porque as características que popularmente se utilizan para distinguir as ras dos sapos non son as mesmas que se utilizan na clasificación científica.

En realidade, son varias as familias de sapos que habitan en Galicia (e algunhas máis que viven noutras partes do mundo). Á parte da familia dos bufónidos, dos que temos dous representantes, o sapo común (Bufo bufo) e o sapo corredor ou corriqueiro (Bufo calamita), hai en Galicia outros dous representantes da familia dos discoglósidos (Discoglossidae), o sapo raxado ou pinto (Dioscoglossus galganoi) e o sapo parteiro (Alytes ostetricans), un da dos pelobátidos (Pelobatidae), o sapo de esporóns (Pelobates cultripes) e outro da dos pelodítidos (Pelodytidae), o sapiño patilongo ou de patas longas (Pelodytes punctatus).[3]

  1. Zweifel, Richard G. (1998). Cogger, H.G. & Zweifel, R.G., ed. Encyclopedia of Reptiles and Amphibians. San Diego: Academic Press. pp. 91–92. ISBN 0-12-178560-2. 
  2. Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais, p. 142.
  3. Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais, p. 141-142.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in