Satoru Iwata

Infotaula de personaSatoru Iwata
岩田 聡

Satoru Iwata no 2011
Nome orixinal(ja) 悟 岩田 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1959
Sapporo, Xapón
Morte11 de xullo de 2015 (55 anos)
Kyoto, Xapón
Causa da mortecolangiocarcinoma (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente Nintendo
2002 – 2015
← Hiroshi YamauchiTatsumi Kimishima →
Presidente HAL Laboratory (pt) Traducir
1993 – 2000 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónTokyo Institute of Technology (pt) Traducir
Instituto Sur de Sapporo Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPresidente e director executivo de Nintendo Co., Ltd.
EmpregadorNintendo
HAL Laboratory (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeKayoko Iwata[1]
PaiHiroshi Iwata (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0412631 Musicbrainz: ef2428ad-efa8-4115-b787-33e3bd2d22b4 WikiTree: 岩田-1 Editar o valor em Wikidata

Satoru Iwata (岩田 聡 Iwata Satoru?), nado en Sapporo o 6 de decembro de 1959 e finado en Kyoto o 11 de xullo de 2015, foi un programador de videoxogos e o cuarto presidente e director executivo de Nintendo, así como director executivo de Nintendo en América.

Iwata amosou interese nos videoxogos xa de mozo e creou o seu primeiro videoxogo sinxelo mentres estaba no instituto, e posteriormente graduouse en ciencias da computación no Instituto Tecnolóxico de Toquio. En 1980 comezou a traballar na desenvolvedora HAL Laboratory estando aínda na universidade. Nos seus primeiros anos nesta empresa traballou como programador en proxectos de colaboración con Nintendo, producindo o seu primeiro videoxogo comercial no ano 1983. Participou no desenvolvemento de videoxogos como EarthBound e a serie de videoxogos Kirby. Converteuse no presidente de HAL Laboratory en 1993, axudando a que a compañía acadase a estabilidade financeira tras un período de perdas. Nos anos seguintes axudou no desenvolvemento da serie de videoxogos Pokémon e Super Smash Bros., uníndose oficialmente a Nintendo no ano 2000 como xefe da división de estratexia corporativa.

Nintendo acadou un crecemento notable coa axuda de Iwata, quen sucedeu a Hiroshi Yamauchi como presidente da compañía en maio de 2002. Baixo a súa dirección Nintendo desenvolveu as videoconsolas Nintendo DS e Wii, que supuxeron un éxito económico dentro da industria. Nintendo obtivo grandes beneficios no ano 2009, o que fixo que o xornal Barron's considerase a Iwata entre os 30 directores executivos de máis éxito do mundo. Os produtos posteriores como a Nintendo 3DS e a Wii U non obtiveron tantos beneficios coma a Wii, provocando unha caída de vendas netas de dous terzos entre o 2009 e o 2012, sendo a primeira vez en 30 anos que a empresa tivo que operar en perdas. Iwata baixouse o soldo voluntariamente á metade en 2011 e 2014 para desculparse por estas perdas. Durante a súa carreira en Nintendo Iwata mantivo un contacto próximo cos admiradores de Nintendo a través das redes sociais, entrevistas e eventos, tornándose na faciana pública da empresa.

En xuño de 2014 detectóuselle un tumor no conduto biliar nun exame médico rutineiro, operándose do mesmo e retornando ao traballo en outubro dese mesmo ano. O tumor reapareceu no ano 2015 e Iwata faleceu o 11 de xullo debido as complicacións causadas por esta doenza. Moitos membros da industria dos videoxogos e afeccionados expresaron a súa tristeza pola morte de Iwata a través de comunicados públicos e das redes sociais. Iwata foi premiado a título póstumo co premio "Lifetime Achievement Award" na cerimonia de 2015 dos Golden Joystick Awards.

  1. Boxer, Steve (14 de xullo de 2015). "Satoru Iwata obituary". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2015. Consultado o 14 de xullo de 2015. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy