Sauber F1

Sauber
Nome completo Stake F1 Team Kick Sauber
Bandeira coa que compite Suíza Suíza
Base en Hinwil, Zürich, Suíza
Xefe de Equipo Andreas Seidl (CEO)
Alessandro Alunni Bravi (Conselleiro xeral)
Director Técnico James Key (director ténico)
Pilotos 24. República Popular da China Guanyu Zhou
77. Finlandia Valtteri Bottas
Pilotos de probas Francia Théo Pourchaire
Barbados Zane Maloney
Chasis C44
Motor Ferrari 066/12
Pneumáticos P
Debut Gran Premio de Suráfrica de 1993
Carreiras 483 (480 saídas)[N 1]
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 1[N 2]
Pole positions 1[N 3]
Voltas Rápidas 5[N 4]
Puntos totais
Posición no campionato 10ª (0 ptos.)

Sauber Motorsport AG é unha empresa de enxeñería suíza de deporte de motor. Fundado en 1970 (como PP Sauber AG) por Peter Sauber, evolucionou das subidas de montaña á World Sports Car Championship ata chegar á Fórmula 1 en 1993. Sauber operou co seu propio nome desde 1993 ata 2005 e desde 2011 ata 2018. Participaron como BMW Sauber desde 2006 ata 2010 e como Alfa Romeo F1 Team de 2019 a 2023 nun acordo de colaboración con BMW e Alfa Romeo respectivamente. Sauber correrá como Stake F1 Team durante as tempadas 2024 e 2025,[1] e será o equipo de fábrica de Audi a partir de 2026.

Logo de non gañar ningú Gran Premio como independente, o equipo vendeuse a BMW en 2005, e competiu como BMW Sauber de 2006 a 2009, quedando segundo en 2007 e terceiro en 2008 no Campionato de Construtores, e anotando a súa única vitoria no Gran Premio do Canadá de 2008. Ao final da tempada 2009, pouco exitosa, BMW retirouse da Fórmula Un e o futuro do equipo permaneceu incerto durante varios meses, ata que vendeuse de novo a Peter Sauber e logrou unha participación para 2010. Con todo, debido ao Acordo da Concordia, o equipo permaneceu como "BMW Sauber" para a tempada 2010.[2][3] En marzo de 2010, Peter Sauber anunciou os seus plans para cambiar o nome do equipo durante a tempada, pero a FIA anunciou que tería que esperar ata o final da tempada para cambiar o seu nome.[4] Ao comezo da tempada de Fórmula 1 de 2011, o equipo retirou BMW do seu nome.

Ata mediados de 2016, Peter Sauber tiña unha participación de control do 66,6% no equipo, e o resto pertenecía á entón CEO Monisha Kaltenborn, ela foi a figura líder do equipo desde a retirada de BMW.[5] O equipo vendeuse durante a tempada 2016 á firma de investimento suíza Longbow Finance S.A, e Pascal Picci asumiu o papel de Peter Sauber como presidente do consello e presidente. Kaltenborn permaneceu como director do equipo e CEO de Sauber.[6] Audi comprou unha participación minoritaria no equipo en xaneiro de 2023 para preparar a súa entrada na Fórmula 1.[7]

A firma suíza de investimentos Longbow Finance S.A. é a actual propietaria maioritaria de Sauber. O equipo opera nunha instalación de 15.600 m² en Hinwil, Suíza.[8]


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "N", pero non se atopou a etiqueta <references group="N"/> correspondente

  1. Cooper, Adam (1 de xaneiro de 2024). "Renamed Stake F1 team reveals new logo". Motorsport.com (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2024. A nova identidade marcouse orixinalmente na entrada da FIA o mes pasado como Stake F1 Team Kick Sauber. Esa segue a ser a súa identidade oficial completa, incluído o nome do chasis de Kick Sauber, pero a equipación suíza usará a versión curta no día a día. 
  2. Elizalde, Pablo; Noble, Jonathan (31 de xaneiro de 2010). "BMW Sauber to retain name for now". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 31 de xaneiro de 2010. 
  3. "FIA Formula One World Championship – Entry List". fia.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 3 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2010. Consultado o 3 de marzo de 2010. 
  4. Noble, Jonathan (16 de marzo de 2010). "Sauber poised to request name change". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 17 de marzo de 2010. 
  5. Elizalde, Pablo (16 de maio de 2012). "Peter Sauber transfers third of Group Sauber stake to CEO Monisha Kaltenborn". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 16 de maio de 2012. 
  6. Noble, Jonathan (20 de xullo de 2016). "Sauber F1 team announces change of ownership". Motorsport.com (Motorsport Network). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2016. 
  7. Mehta, Amar (2023-01-30). "Formula 1: Audi buys minority stake in Sauber ahead of 2026 F1 entry". CNBC (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2023-01-31. Consultado o 2023-07-28. 
  8. "Facilities". Sauber Group. Consultado o 14 de xullo de 2023. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in