Scent of a Woman | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Scent of a Woman |
Director | Martin Brest |
Produtor | Martin Brest |
Guión | Bo Goldman |
Baseado en | Il buio e il miele de Giovanni Arpino |
Intérpretes | |
Música | Thomas Newman |
Fotografía | Donald E. Thorin |
Montaxe |
|
Estudio | City Light Films |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 23 de decembro de 1992 |
Duración | 156 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | 31 millóns de dólares[1] |
Recadación | 134,1 millóns de dólares |
Na rede | |
Scent of a Woman é un filme estadounidense de 1992 producido e dirixido por Martin Brest que conta a historia dun estudante que toma un traballo como axudante dun irritable e cego exmilitar. É un remake do filme italiano de Dino Risi de 1974, Profumo di donna, adaptado por Bo Goldman a partir da novela Il buio e il miele por Giovanni Arpino e dun guión de 1974 escrito por Ruggero Maccari e Dino Risi. Está protagonizado por Al Pacino e Chris O'Donnell, xunto con James Rebhorn, Philip Seymour Hoffman e Gabrielle Anwar.
Pacino gañou Óscar ó mellor actor na 65ª edición dos premios pola súa interpretación e o filme estivo nomeado nas categorías de mellor director, mellor filme e mellor guión adaptado. O filme gañou tres Globos de Ouro: mellor guión, mellor actor e mellor filme dramático.[2]