Scottie Pippen

Infotaula de personaScottie Pippen

(2022) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Hamburg, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaArcansas
Hamburg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
EducaciónHamburg High School (en) Traducir
University of Central Arkansas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura204 cm Editar o valor em Wikidata
Peso103 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor em Wikidata - 2008 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor em Wikidata
Convocado porSeattle SuperSonics Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Helsinki Seagulls
1987-1998 Chicago Bulls (Ala)
1998-1999 Houston Rockets (Ala)
1999-2003 Portland Trail Blazers
2008-2008 Sundsvall Dragons (en) Traducir
2008-2008 Torpan Pojat (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996
1992Xogos Olímpicos de 1992
1992Torneo das Américas de 1992 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLarsa Pippen
FillosScotty Pippen Jr. (en) Traducir, Preston Pippen (en) Traducir, Justin Pippen (en) Traducir, Antron Pippen (en) Traducir, Taylor Pippen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisPreston Clyde Pippen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Ethel Lee Pippen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesKavion Pippen (en) Traducir (sobriño) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0685011 Allmovie: p278495 TV.com: people/scottie-pippen WikiTree: Pippen-190 Editar o valor em Wikidata

Scottie Maurice Pippen, nado o 25 de setembro de 1965 en Hamburg, no condado de Ashley (Arcansas), é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu a maior parte da súa carreira na National Basketball Association (NBA). Alculamdo "Pip", é principalmente lembrado pola súa etapa nos Chicago Bulls, cos que gañou seis campionatos da NBA e bateu o récord de vitorias nunha soa tempada con 72. Pippen, xunto con Michael Jordan, xogou un importante papel en transformar aos Bulls nun vehículo para a popularización da NBA ao redor de todo o mundo nos anos 1990.

Considerado un dos mellores ás de todos os tempos, Pippen foi seleccionado no "Quinteto ideal defensivo da NBA" oito veces consecutivas, e no "Quinteto ideal da liga" en tres. Foi até sete veces All-Star, sendo MVP do partido en 1994. Durante a temporada 1995−96 foi nomeado un dos "Cincuenta mellores xogadores da historia da NBA", alén de ser un dos catro xogadores dos Chicago Bulls que teñen o seu dorsal retirado (sendo os outros Jerry Sloan, Bob Love e Michael Jordan). Tamén xogou un papel fundamental nos Chicago Bulls de 1992 e de 1996, que foron seleccionados como dous dos dez mellores equipos da historia da competición até 1996. A súa biografía no sitio web do Naismith Basketball Hall of Fame di: "O multidensional Pippen percorre a pista como un base, ataca a canastra como un ala-pivote, e perfora a rede como un escolta."[1] Durante os seus dezasete anos de carreira profesional, xogou 12 temporadas cos Bulls, unha cos Houston Rockets e catro cos Portland Trail Blazers, chegando aos Play-offs dezaseis veces consecutivas.

Pippen é ademais a única persoa en gañar o título da NBA e o Ouro Olímpico no mesmo ano dúas veces (1992, 1996). Primeiro foi parte do "Dream Team" estadounidense dos Xogos Olímpicos de 1992, que gañou aos seus rivais cunha diferenza media de 44 puntos.[2] Posteriormente foi unha figura chave na consecución da medalla de ouros nos Xogos Olímpicos de 1996, xunto con outros antigos membros do "Dream Team" como Karl Malone, John Stockton e Charles Barkley, así como novas caras como Penny Hardaway e Grant Hill. Levou o dorsal número 8 na camisola nas dúas ocasións. Pippen é membro do Naismith Memorial Basketball Hall of Fame por partida dobre, en honra a súa carreira individual e como membro do "Dream Team". Foi incluído por ambos motivos o 13 de agosto de 2010.[3]

  1. Naismith Memorial Basketball Hall of Fame (ed.). "Scottie Pippen" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2015. 
  2. NBA.com (ed.). "The Original Dream Team" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2012. Consultado o 26 de marzo de 2015. 
  3. Naismith Memorial Basketball Hall of Fame, ed. (5 de abri de 2010). "Naismith Memorial Basketball Hall of Fame Announces Class of 2010" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2010. Consultado o 26 de marzo de 2015. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy