Imaxe de Sedna tomada polo Telescopio Espacial Hubble | |
---|---|
Descubrimento e clasificación[1] | |
Descuberto por | M. Brown, C. Trujillo, D. Rabinowitz |
Descuberto o | 14-11-2003 |
Nome alternativo | 2003 VB12 |
Designación e categoría no Mpc | 90377 Sedna Obxecto trans-neptuniano Obxecto distante obxecto da Nube de Oort[2] |
Características orbitais[3] | |
Época= 23-07-2010 (2.455.400,5 ax) | |
Afelio | 937 UA (Q)[4] 1,402×1014 m 140,2 Tm 0,0148 al |
Perihelio | 76,361 UA (q) 1.1423×1013 m 11.423 Tm(q) |
Eixo semi-maior | 518,57 UA (a) 7,7576×1013 m 77,576 Tm |
Excentricidade | 0,8527 |
Período orbital | ≈11.400 ax[4][g] |
Inclinación | 11.927° |
Velocidade orbital | 1,04 km/s |
Anomalía media | 358,01° (M) |
Lonxitude do nodo ascendente | 144,26° |
Argumento do perihelio | 311,02° |
Características físicas | |
Diámetro | 995 ± 80 km[5] |
Masa | 1 x 1021 kg[a] |
Densidade | 2.0 (asumida) g/cm³ [a] |
Gravidade superficial | ≈0.27 m/s2 |
Velocidade de escape | ≈ 0,518 km/s |
Período de rotación | 0,42 d (10 h)[3][6] |
Tipo espectral | vermello, B-V=1,24; V-R=0,78[7] |
Albedo | 0,32 ± 0,06 [5] |
Magnitude aparente | 21,1[8] 20,5 (Perihélico)[9] |
Magnitude absoluta | 1,83 ± 0,05 [5] |
Temperatura superficial | ≈12 K |
90377 Sedna (símbolo: )[10] é un obxecto trans-neptuniano de gran tamaño, que no 2012 estaba tres veces máis lonxe do Sol cá Neptuno. A espectroscopia revelou que a composición da superficie de Sedna é semellante á de algúns outros obxectos trans-neptunianos, sendo en gran parte unha mestura de auga, xeos volátiles de metano e nitróxeno con tolinas. A súa superficie é unha das máis vermellas do Sistema Solar. Nin a súa masa nin as súas dimensións son ben coñecidos e UAI aínda non o recoñece formalmente coma un planeta anano,[11][12] pero si é considerado un planeta anano por moitos astrónomos.[13][14][15][16][17]
A meirande parte da súa órbita esta aínda máis afastada do Sol que a parte que está percorrendo na actualidade, cun afelio estimado en 960 UA (32 veces a distancia entre o Sol e Neptuno), converténdoo nun dos obxectos coñecidos máis distantes do Sistema Solar, se exceptuamos ós cometas de longo período.[b][f] A órbita de Sedna é excepcionalmente longa, a cal é completada nuns 11.400 anos, e o punto de máxima aproximación ó Sol é de 76 UA, o cal levantou moitas especulacións ó redor á súa orixe. O Centro de Planetas Menores sitúa actualmente a Sedna no disco disperso, un grupo de obxectos enviados a órbitas moi alongadas pola influencia gravitacional de Neptuno. Porén, esta clasificación foi cuestionada, xa que Sedna nunca se achega o suficiente preto de Neptuno coma para ser afectado pola súa gravidade, o cal leva a algúns astrónomos a concluír que é de feito o primeiro membro coñecido do interior da nube de Oort. Outros especulan que puido ser enviado á súa órbita actual por unha estrela que pasaba preto, ou que a súa órbita foi alterada por unha estrela do cúmulo aberto no que naceu o Sol, ou mesmo que foi capturado doutro sistema estelar. Outra hipótese suxire que a súa órbita pode se-la evidencia dun gran planeta alén da órbita de Neptuno. O astrónomo Michael E. Brown, co-descubridor de Sedna e os planetas ananos Eris, Haumea, e Makemake, cre que é o obxecto trans-neptuniano máis importante cientificamente falando, que se atopou ata a data, a comprensión da súa infrecuente órbita é susceptible de dar información moi valiosa sobre a orixe e evolución inicio do Sistema Solar.[18]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome discovery
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome DES
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome jpldata
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome barycenter
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome herschel
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pr200510
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Tegler
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome AstDys
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Horizons2076
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Tancredi2008
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Brown-dplist
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome fussman