Segundo

Reloxo con agulla de medir segundos.

O segundo (símbolo no SI: s[1]) é o nome dunha unidade de tempo, e é a unidade básica no Sistema Internacional de Unidades para medilo. Tradicionalmente, o segundo é definido como unha das 86.400 partes nas que se divide o período de tempo que tarda a Terra en dar unha volta sobre o seu eixo imaxinario (período tamén chamado día)[2], mais a definición oficial de segundo é a duración equivalente a 9 192 631 770 períodos de radiación correspondente á transición entre os dous niveis hiperfinos do estado fundamental do isótopo 133 do átomo de cesio, medidos a 0 kelvin.[3]

A miúdo os prefixos do SI son combinados coa palabra segundo para denotar subdivisións do segundo, por exemplo, o milisegundo (unha milésima parte dun segundo) e o nanosegundo (unha mil millonésima parte dun segundo). Aínda que os prefixos do SI poden ser usados para formar múltiplos do segundo (tales como o «quilosegundo» ou mil segundos), estas unidades son rara vez usadas na práctica. As unidades máis usadas neste caso son outras non pertencentes ao SI: o minuto a hora e o día.

O segundo tamén ten a unidade base de tempo nos sistemas de unidades centímetro-gramo-segundo, metro-quilogramo-segundo, metro-tonelada-segundo e pé-libra-segundo.

  1. Ás veces abréviase de xeito erróneo como seg.
  2. "SI brochure: Table 6: Non-SI units accepted for use with the International System of Units". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2009. Consultado o 02 de outubro de 2008. 
  3. "Official BIPM definition". BIPM. Consultado o 1 de outubro de 2009. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in