Selo das Comores | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | Comores |
Adoptado | 2016 |
Divisa | Unité, Solidarité, Développement "Unidade, Solidariedade, Desenvolvemento" |
O selo nacional das Comores é un dos símbolos nacionais do país. Componse dunha lúa crecente cargada con catro estrelas de cinco puntas cada unha. O crecente, un símbolo tradicional do islam, e as estrelas, tamén forman parte da bandeira nacional.
Detrás do creciente aparece representado o sol. Estes elementos están rodeados polo nome da nación, “Unión das Comores”, en francés e árabe.
Na parte exterior do selo atópanse dúas pólas de loureiro e na inferior aparece escrito, en francés, o lema nacional: “Unité – Solidarité – Développement” (”Unidade - Solidariedade - Desenvolvemento”)