Semantema

Son os semas denotativos que entran en oposición co semema de lexemas veciños dentro dun mesmo campo semántico. Ó conxunto dos semas denotativos específicos chámaselle semantema.

Son os semas específicos dun lexema ó comparalo con outro lexema que pertence ó mesmo campo semántico có primeiro.

Exemplo se opoñemos os sememas de cabalo e boi, observaremos que ámbalas dúas palabras teñen un semema (conxunto de semas, de unidades mínimas de significación, que conforman o significado do lexema). Pero a pesar de pertenceren os dous lexemas ó mesmo campo semántico, dentro dos seus sememas hai semas comúns e hai semas que se opoñen. O conxunto de semas do lexema de cabalo que non están presentes en boi chámase semantema. De aí que os sememas tamén poidan ser chamados semas específicos.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in