Seme

Seme nunha cunca de cristal.

Seme ou esperma é o conxunto de espermatozoides e substancias fluídas que se producen no aparello reprodutor masculino de todos os animais, entre eles a especie humana. O seme é un líquido viscoso e esbrancuxado que é expulsado a través do pene durante a exaculación. Está composto por espermatozoides (dos testículos) e plasma seminal que se forma polo achegamento dos testículos, o epidídimo, as vesículas seminais, a próstata, as glándulas de Cowper, as glándulas de Littré e os vasos deferentes. O seme debe diferenciarse do líquido preseminal.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in