Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Serguéi Mijáilovich Brin, en cirílico ruso Сергей Михайлович Брин, nado en Moscova o 21 de agosto de 1973, é un científico da computación e empresario de Internet estadounidense de orixe rusa que, xunto a Larry Page, fundou Google, unha das máis rendibles, grandes e soadas compañías de Internet. En conxunto, Brin e Page aínda manteñen o control dun 16% da compañía. É á súa vez unha das persoas máis ricas do mundo, cunha fortuna persoal estimada en 39 800 millóns de dólares (outubro 2017).[1][2]