Serial ATA | |
---|---|
Tipo | estándar de interface e interface de unidade |
Data de fundación | 2000 |
Organización relacionada | Serial Attached SCSI |
Na rede | |
https://sata-io.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
SATA ou Serial ATA (traducido sería ATA serie) é un método de transmisión de dados utilizado principalmente para conectar discos ríxidos a placas de ordenadores. Esta tecnoloxía é un desenvolvemento da anterior ATA, que tiña unha velocidade de transmisión máxima de 133 MB/s. Con diferenza co anterior Paralel ATA onde os datos viaxaban de forma paralela en cables de 80 ou 100 fíos, nos discos SATA os datos viaxan de forma serial, e dicir, tódolos datos polo mesmo cabo. Consome menos e permite unha lonxitude maior de cabo que o Paralel ATA, ademais a tecnoloxía SATA posibilita os modos de conexión RAID, con moitas vantaxes e causa principal do seu suceso.