Serra (ferramenta)

Serra de folla.
Tronzón, ferramenta para serrar madeira a dúas mans.

Unha serra é unha ferramenta ou máquina na que o elemento principal é unha lámina, un disco ou unha cadea dentados, que se emprega para cortar madeira ou outros materiais duros como a pedra, os metais etc.[1][2]

Consiste nunha folla de aceiro cunha serie de recortes nun dos seus rebordos. En casos especiais os dentes son revestidos de diamante para acadar maior dureza.

A operación de corte faise realizando un movemento continuo ou alternado sobre a superficie do material, provocando unha fricción que resulta no seu corte.

A inclinación dos dentes da serra vén determinada en función do material e da forma de corte pretendida provocando a separación ou o desgaste das fibras do obxecto a cortar.

A elevada temperatura atinxida na lámina e no material a cortar esixe por veces a utilización de medios de arrefriamento principalmente con auga ou ar frío.

  1. "Definición en Portal das Palabras da RAG". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 11 de outubro de 2015. 
  2. Definición en Vocabulario forestal, VV. AA. (2012) Universidade de Santiago de Compostela / Deputación de Lugo

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in