Tipo | cordilleira serra | |||
---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Parque Regional da Serra de Gredos (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Comunidade de Madrid, España, provincia de Ávila, España, provincia de Toledo, España, Provincia de Cáceres, España e provincia de Salamanca, España | |||
| ||||
Cordilleira | Sistema Central | |||
Características | ||||
Altitude | 2.592 m | |||
Dimensións | 30 () × 120 () km | |||
Punto máis alto | Pico Almanzor (2.591 m ) | |||
Material usado | granito | |||
Superficie | 3.600 km² | |||
A serra de Gredos é unha serra do centro de España pertencente ao Sistema Central, situada entre as provincias de Salamanca, Cáceres, Ávila, Madrid e Toledo. A súa máxima altitude dáse na provincia de Ávila na Praza do Mouro Almanzor a 2.592 msnm, que divide os termos municipais de Zapardiel de la Ribera e Candeleda.
Está declarada parque rexional dentro de Castela e León, e é o único parque rexional, xunto co de Picos de Europa en León, da comunidade autónoma. Gredos é unha das serras máis extensas do Sistema Central e está composta por cinco vales fluviais: Alto Tormes, Alto Alberche, Tiétar Oriental, Tiétar Occidental e a Vera, e val do Ambroz.
En torno ás súas grandes moles graníticas basculan tres comunidades autónomas: Castela e León, Estremadura e Madrid; estendéndose de leste a oeste dende San Martín de Valdeiglesias a Hervás e de norte a sur do val do Tormes a Rosarito. O seu agreste relevo serviu de refuxio á tribo celta máis meridional, os vetóns, e a outros rebeldes históricos como El Empecinado ou o maquis.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Serra de Gredos |