Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2022.) |
En economía e en mercadotecnia un servizo é un conxunto de actividades que buscan responder a unha ou máis necesidades de quen, polo seu uso no mercado, se converte en cliente. Defínese un marco onde as actividades se desenvolverán coa idea de fixar unha expectativa no resultado destas. É o equivalente no material dun ben. A presentación dun servizo non resulta en posesión, e así é como un servizo se diferenza de prover un ben físico.
Ó prover algún nivel de habilidade, enxeño e experiencia, os provedores dun servizo participan nunha economía sen as restricións de levar inventario pesado ou preocuparse por voluminosas materias primas. Por outra banda, o seu investimento en experiencia require constante investimento en mercadotecnia e actualización de cara á competencia, que ten igualmente poucas restricións físicas.
Os provedores de servizos compoñen o sector terciario da industria.