Sevilla

Modelo:Xeografía políticaSevilla
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 37°23′00″N 5°59′00″O / 37.3833, -5.9833Coordenadas: 37°23′00″N 5°59′00″O / 37.3833, -5.9833
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Sevilla Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalSevilla Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación684.025 (2023) Editar o valor en Wikidata (4.858,13 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie140,8 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porCanal de Alfonso XIII (en) Traducir e Río Guadalquivir Editar o valor en Wikidata
Altitude12 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
outubro de 844Viking raid on Seville (en) Traducir
1248Siege of Seville (en) Traducir
1369Siege of Seville (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónFernando III de Castela Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJuan Espadas Cejas (2015–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal41000–41099 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico95 Editar o valor en Wikidata
Código INE41091 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Angers
Roma
Caltanissetta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 23+

Páxina websevilla.org Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 46198 BNE: XX450867

Sevilla é unha cidade española situada ao suroeste da Península Ibérica, capital de Andalucía e da provincia homónima.

Sevilla é a cuarta cidade de España e cuarta área metropolitana por número de habitantes. Ten 696.676 habitantes en 2014,[1] 1.317.098 na área metropolitana, 1.813.908 en total na provincia (datos de 2005). É o principal centro artístico, cultural, financeiro, económico e social do sur de España e un dos máis importantes do sur de Europa. É ademais un importante centro industrial de novas tecnoloxías e aeronáutica (factoría de EADS-CASA establecida no aeroporto). Sevilla e os seus núcleos de poboación satélites non constitúen unha verdadeira área metropolitana senón unha aglomeración urbana, pois carece dun órgano de coordinación no que estean representados tódolos organismos con competencias metropolitanas, tales como os concellos. Aínda que hai órganos mancomunados que se encargan da xestión metropolitana de certas actividades sectoriais (augas, residuos etcétera), non pode polo tanto falarse de área metropolitana no seu sentido máis estrito.

De indubidable interese turístico, grazas a numerosos monumentos, prazas, xardíns, igrexas etcétera. Conserva o meirande centro histórico-artístico de Europa. De entre os seus monumentos máis famosos, a Giralda (antigo alminar da mesquita maior, hoxe campanario da Catedral) e a Torre del Oro son os dous máis coñecidos.

Dos seus barrios, Triana, La Macarena, Santa Cruz, Los Remedios, Heliópolis e Nervión son os máis famosos. A Giralda, a Catedral, o Alcázar, o Arquivo de Indias e a súa contorna foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1987.

A tan só 20 m sobre o nivel do mar, entre Vega e a Campiña do río Guadalquivir, e á beira deste, conforma unha aglomeración urbana que se estende cara ó Aljarafe, As Marismas, o Parque Nacional de Doñana, a Serra Norte e a Serra Sur.

  1. INE (ed.). "Cifras de poboación referidas ao 01/01/2014.". Consultado o 26 de xaneiro de 2014. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy