Posicións de Baloncesto |
---|
1. Base |
2. Escolta |
3. Ala |
4. Ala-pivote |
5. Pivote |
Outras posicións |
Sexto home |
En baloncesto, o sexto home é un xogador que non é titular, pero sae dende o banco moito máis acotío que os outros suplentes. O sexto home moitas veces xoga o mesmo ou máis tempo que algúns dos titulares, e consegue similares estadísticas. Adoita ser un xogador capaz de xogar en varias posicións, polo que poden ser substituídos máis acotío. Por exemplo, Kevin McHale, un famoso sexto home que xogou para os Boston Celtics na década dos 80s, podía xogar coma pivote ou aleiro-pivote. A presenza dun bo sexto home adoita ser un signo de fortaleza. Adoita significar que un equipo ten unha boa profundidade de banquiño, e que o sexto home está capacitado para xogar de inicio na maioría dos equipos.
Unha estratexia moi común é introducir ao sexto home cando o quinteto do outro equipo atópase con fatiga ou con problemas de faltas; deste modo, dito xogador "revoluciona" o partido favorablemente para o seu equipo. Pode entrar sen que o equipo sufra unha baixada na anotación, coma se comprobou con Toni Kukoc na década gloriosa dos 90s dos Chicago Bulls, e máis recentemente con Manu Ginóbili nos San Antonio Spurs ou Jason Terry nos Dallas Mavericks.
O lendario adestrador dos Boston Celtics, Red Auerbach, é tradicionalmente considerado o creador do sexto home no baloncesto[1]. Usou coma base a Frank Ramsey, quen xogaba tralo dúo de Hall of Fame de Bob Cousy e Bill Sharman na primeira etapa da dinastía dos Celtics. Aínda que Ramsey era un dos mellores xogadores dos orgullosos verdes, sentíase máis cómodo saíndo dende o banco, e Auerbach quería aos seus mellores xogadores frescos. James Harden actualmente en Houston Rockets na tempada 2011-12 da NBA gañou o premio ao mellor sexto home desa liga, xogando nese momento para Oklahoma City Thunder[2].