Sexualidade humana

A sexualidade humana representa o conxunto de comportamentos que concirnen á satisfacción da necesidade e do desexo sexual. Igualmente a outros primates, os seres humanos utilizan a excitación sexual para fins reprodutivos e para o mantemento de vínculos sociais, mais agregan o gozo e o pracer propio e do outro. O sexo tamén desenvolve facetas profundas da afectividade e da consciencia da personalidade. En relación a isto, moitas culturas dan un sentido relixioso ou espiritual ó acto sexual, así como ven nel un método para mellorar (ou perder) a saúde.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy