République des Seychelles (fr) | |||||
Himno | Koste Seselwa (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Finis Coronat Opus» «The End Crowns the Work» «Mae Diwedd y Gwaith yn ei Goroni» | ||||
Epónimo | Jean Moreau de Séchelles | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Victoria | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 95.843 (2017) (208,81 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa lingua inglesa Crioulo das Seychelles | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 459 km² | ||||
Punto máis alto | Morne Seychellois (905 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Índico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 29 de xuño de 1976 | ||||
Organización política | |||||
• Presidente das Seychelles | Wavel Ramkalawan (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Nacional das Seychelles (pt) , (Escano: 31) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 1.286.687.873 $ (2021) | ||||
Moeda | rupia das Seicheles (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .sc | ||||
Prefixo telefónico | +248 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 133, 151 (en) e 999 | ||||
Código de país | SC | ||||
Páxina web | egov.sc | ||||
A República das Seychelles,[1][2] (en francés: Republique des Seychelles, en crioulo: La Repiblik Sesel), ás veces escrito en galego como Seixeles[3], (i/seɪˈʃɛlz/, /-ˈʃɛl, ˈseɪʃɛl(z)/, Francés: [sɛʃɛl][4][5][6] our [seʃɛl][7] é un país arquipeláxico formado de 115 illas situadas no océano Índico, ao nordés de Madagascar, cunha superficie total de 455 km². A súa capital é Victoria, a única cidade do arquipélago, situada na illa Mahé, habitada por un terzo da poboación. Pertence á Commonwealth. Os países e territorios insulares próximos inclúen as Comores, Madagascar, Mauricio e a rexións de ultramar francesa de Mayotte e Reunión ao sur e Maldivas e o Arquipélago de Chagos (administrado polo Reino Unido como Territorio Británico do Océano Índico) ao leste. É o país africano soberano menos poboado, cunha poboación estimada en 2022 de 99.331 habitantes.
As Seychelles estaban deshabitadas antes de ser atopadas polos europeos no século XVI. Afrontou intereses franceses e británicos en competencia ata que pasou baixo o control total británico a finais do século XVIII.
Posúe o único aeroporto e porto internacional do país, que recibe voos desde os aeroportos internacionais máis importantes do mundo, xa que a principal fonte de divisas do país é o turismo.
Unha das atraccións principais de Victoria é o Xardín Botánico onde poden observarse as tartarugas xigantes que só se atopan nestas illas e nas illas Galápagos.
A etnia predominante é a seychellois de raíces africanas e francesas, pero tamén hai minorías chinesas e indias. A maioría da poboación profesa o catolicismo, un 8% da poboación son anglicanos e hai un 2% de diversas relixións.
Seychelles é o que se coñece como un paraíso tropical. As illas conservan a súa beleza natural, con fermosas praias e un mar con excelentes condicións para os amantes do mergullo. Ten clima tropical con temperaturas que, anualmente, oscilan entre os 25 e 30 °C, con meses moi chuviosos de novembro a maio cando son alcanzadas polos ventos monzónicos.
O 26 de decembro do 2004, as illas foron afectadas polo tsunami causado por un terremoto submarino con epicentro en proximidades de Indonesia. O tsunami cobrou máis de 300.000 vítimas en diversas zonas do océano Índico. No caso das Seychelles, os danos estimados chegaron aos 30 millóns de dólares, aínda que non sufriron perdas humanas xa que a poboación foi alertada sobre o desastre.
A cultura e a sociedade das Seychelles son unha mestura ecléctica de influencias francesas, británicas e africanas, con infusións máis recentes de elementos chineses e indios. O país é membro das Nacións Unidas, da Unión Africana, da Comunidade de Desenvolvemento do Sur de África e da Comunidade de Nacións.