Shoah | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Shoah |
Director | Claude Lanzmann |
Intérpretes | |
Fotografía |
|
Montaxe |
|
Distribuidora | New Yorker Films |
Estrea | París: 30 de abril de 1985[1] |
Duración | 566 minutos[2] |
Orixe | Francia |
Xénero | Documental |
Na rede | |
http://www.ifcfilms.com/films/shoah/ | |
|
Shoah é un filme documental francés de 1985 sobre o Holocausto,[3] dirixido por Claude Lanzmann. Ten unha duración de nove horas e tomou 11 anos en ser rodado. O filme presenta as entrevistas de Lanzmann a superviventes, testemuñas e perpetradores do Holocausto durante as visitas ós lugares do exterminio en Polonia, incluíndo campos de exterminio.[4]
Estreado en París en abril de 1985, Shoah conseguiu a aclamación da crítica e numerosos galardóns de prestixio, incluíndo o Premio do Círculo de Críticos de Nova York ó mellor filme de non ficción, e o BAFTA ó mellor documental. Simone de Beauvoir describiuno como unha "auténtica obra mestra", mentres que o documentalista Marcel Ophüls considerouno "o mellor documental sobre a historia contemporánea xamais feito".[5] O filme non foi ben recibido en Polonia e o goberno polaco argumentou que acusaba a Polonia de "complicidade co xenocidio nazi".[6]