Shrek | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Shrek |
Director | Andrew Adamson Vicky Jenson |
Produtor | Jeffrey Katzenberg Aron Warner John H. Williams |
Guión | Ted Elliott |
Intérpretes | Mike Myers Eddie Murphy Cameron Diaz John Lithgow |
Música | Harry Gregson-Williams John Powell |
Montaxe | Sim Evan-Jones |
Distribuidora | DreamWorks Pictures |
Estrea | 18 de maio de 2001 9 de abril de 2009 (TVG) |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación, Comedia |
Orzamento | $60 000 000[1] |
Recadación | $484 400 000 |
Filme seguinte | Shrek 2 |
Na rede | |
https://www.dreamworks.com/movies/shrek | |
Shrek é un filme de animación 3D gañador do Premio da Academia de animación, baseado no conto de William Steig titulado Shrek! (1990). Foi dirixido polo neozelandés Andrew Adamson e animado por DreamWorks Animation SKG en maio de 2001. Converteuse na primeira película gañadora do premio Oscar ao mellor filme de animación, categoría introducida no ano 2001. Publicouse en DVD en novembro dese mesmo ano. Foi aclamado pola crítica como unha película de animación merecedora de interese adulto, con moitas bromas e temas dirixidos ao público adulto pero un guión sinxelo dabondo para atraer aos nenos.
O filme tivo un grande éxito coa súa estrea en 2001 e axudou a establecer a DreamWorks coma o principal competidor de Walt Disney Pictures no campo do cine de animación, en particular da animación dixital. De feito, Shrek pasou a se converter na mascota das producións de animación da compañía. Este filme ten tres continuacións: Shrek 2 (2004) e Shrek the Third (2007) e Shrek Forever After (2010).
Estreouse en galego na TVG o 9 de abril de 2009.[2]