Silleda | |
---|---|
Casa do concello | |
Parroquia | Silleda |
Concello | Silleda |
Coordenadas | 42°41′51″N 8°14′48″O / 42.697415346839, -8.2466918697992 |
Poboación | 3.004 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Silleda é unha vila da parroquia de Silleda no concello pontevedrés de Silleda. É a capital do concello. No ano 2010 tiña 2.759 habitantes, deles 1.406 eran homes e 1.353 eran mulleres. Isto supón un aumento no número de habitantes con respecto ao ano 2000.
Nesta vila, aséntase a casa do concello. Ten tres centros de ensinanza: o CEIP de Silleda, o Colexio María Inmaculada e o IES Pintor Colmeiro.
Está asentada na intersección da N-525 coas estradas PO-211 e PO-201, que coinciden cos trazados das antigas estradas a Compostela, á estación do ferrocarril do Castro, e a Laro, respectivamente. A vila de Silleda xa ten case absorbidos os lugares de Outeiro e do Foxo.