Sistema APG II

Clasificación APG II (en inglés)

O Sistema de classificación APG II, sucesor do Sistema APG de 1998, é un sistema para a clasificación das anxiospermas – segundo criterios filoxenéticos -, publicado en 2003 por un vasto grupo de investigadores que se autodenominou "APG II" (do inglés Angiosperm Phylogeny Group, Grupo para a Filoxenia das Anxiospermas). No 2009 publicouse o seu sucesor, o APG III.

Este sistema de clasificación das anxiospermas é marcadamente diferente dos anteriores, "tradicionais" e baseados en criterios morfolóxicos. O sistema aínda está en pleno desenvolvemento e evolución, sendo revisado constantemente, pois moitas partes da filoxenia son de coñecemento recente (por exemplo, que Amborella é unha anxiosperma basal) e outros non presentan aínda un posicionamento cladístico concreto.

Como particularidade, este sistema só engloba categorías taxonómicas desde as especies até as ordes, e non caracteriza taxons enriba da orde. Os grupos considerados "categóricamente superiores" son denominados con nomes "informais" ( non suxeitos ao Código Internacional de Nomenclatura Botánica), sendo máis apropiado denominalos de clados en vez de "taxons".


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy