Sistema de posicionamento global

Satélite Navstar GPS

O Global Positioning System ou Sistema de Posicionamento Global (máis coñecido coas siglas GPS aínda que o seu nome correcto é NAVSTAR-GPS1) é un sistema global de navegación por satélite (GNSS) o cal permite determinar en todo o mundo a posición dun obxecto, unha persoa, un vehículo ou unha nave, cunha precisión ata de centímetros usando GPS diferencial, aínda que o habitual son uns poucos metros. Aínda que a súa invención se lle atribúe aos gobernos francés e belga, o sistema foi desenvolvido e instalado, e actualmente operado, polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy