Sistema de referencia

En cinemática, un sistema de referencia é un conxunto de convencións para poder referir a posición dun obxecto físico no tempo e o espazo. En mecánica clásica frecuentemente úsase o termo para referirse a un sistema de coordenadas ortogonais para o espazo euclidiano (dados dous sistemas de coordenadas dese tipo sempre existe un xiro e unha translación que relacionan as medidas deses dous sistemas de coordenadas).


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy