Sistema sensorial

O ollo humano é o primeiro elemento do sistema sensorial: neste caso, a visión, para o sistema visual.

O sistema sensorial é parte do sistema nervioso responsábel de procesar a información sensorial. O sistema sensorial está formado por receptores sensoriais e partes do cerebro involucradas na recepción sensorial. Os principais sistemas sensoriais son: a vista, o oído, o tacto, o gusto e o olfacto. O campo receptivo é a parte específica do mundo á que un órgano e unhas determinadas células do receptor responden. Por exemplo, o campo receptivo dun ollo é a parte do mundo que este pode ver.[1][2]

Existe consenso na comunidade científica que os seres humanos posúen moitos máis dos cinco sentidos. Non hai, con todo, acordo no número[3], pois iso depende da definición non moi sólida do que constitúe un sentido. Porén, sábese que a especie humana tamén dispón doutros sentidos que, entre outros, contribúen a manter o equilibrio ou transmiten información sobre o interior do propio corpo.[4]

  1. Kolb & Whishaw: Fundamentals of Human Neuropsychology (2003)
  2. Krantz, John. "Experiencing Sensation and Perception - Chapter 1: What is Sensation and Perception?" (Pdf). p. 1.6. Consultado o 16 de maio de 2013. 
  3. Extra Sensory Perceptions Arquivado 11 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., Jessica Cerretani (2010), Harvard Medicine
  4. Bruce Durie (29 de xaneiro de 2005). New Scientist, ed. "Senses special: Doors of perception" (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2009. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy