(1938) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1915 Cotton Plant, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 9 de outubro de 1973 (58 anos) Filadelfia, Estados Unidos de América |
Causa da morte | ictus |
Outros nomes | Rosetta Nubin Rosetta Tharp |
Residencia | Chicago (década de 1920–1938) Nova York |
Grupo étnico | Afroamericano |
Actividade | |
Campo de traballo | Músico |
Ocupación | música, guitarrista de jazz, guitarrista, cantante, gospel singer (en) |
Período de actividade | 1919 - |
Xénero artístico | Blues, Gospel, Rhythm and blues, Jazz e rock and roll |
Influencias | |
Instrumento | Guitarra, guitarra eléctrica e voz |
Selo discográfico | Decca Records |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Notable Black American Women Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians (en) |
Rosetta Nubin, nada en Cotton Plant o 20 de marzo de 1915 e finada en Filadelfia o 9 de outubro de 1973, coñecida como Rosetta Tharpe ou Sister Rosetta Tharpe, foi unha pioneira cantante de gospel estadounidense. Adquiriu gran popularidade nas décadas de 1930 e 1940 coa súa mestura única de letras espirituais e acompañamento rock and roll. Converteuse na primeira grande estrela da música gospel na década de 1930 e é coñecida como "Original soul sister". Influíu de xeito moi forte comou unha música moi inicial de rock and roll, a Little Richard, Johnny Cash, Chuck Berry, Elvis Presley ou Jerry Lee Lewis.[1][2][3]
Nun intento de cruzar a liña entre a música sagrada e a música profana tocando a súa música espiritual "luminosa" na "escuridade" dos clubs nocturnos e salas de concertos con grandes bandas como acompañantes, o seu idiosincrático estilo deixou unha pegada nos artistas gospel máis convencionais como Ira Tucker, ou os Dixie Hummingbirds. Aínda que ofendeu a moitos fieis coas súas incursións na música pop, nunca deixou a música gospel.[1][4]