(da) Skagerrak (no) Skagerrak (sv) Skagerrak | |||||
Tipo | estreito | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Skagen | ||||
Parte de | Mar do Norte | ||||
Localización | |||||
País da cunca | Noruega, Dinamarca e Suecia | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | Mar do Norte Kattegat | ||||
Composto por | |||||
Afluentes | Rio Glomma (pt) ,Akerselva (en) ,Arendalsvassdraget (en) ,Otra (en) ,Nidelva (en) ,Uggerby Å (en) ,Esrum Å (en) | ||||
Conca hidrográfica | Skagerrak basin (en) | ||||
Características | |||||
Profundidade | 700 m | ||||
Dimensións | 85 () × 240 () km | ||||
O Skagerrak (Skagerack, Skagerak) é un estreito entre o sur da Noruega, o Bohuslän sueco e o noroeste da Xutlandia dinamarquesa. Une o Kattegat e o mar do Norte dunha banda e o mar Báltico, pasando por Öresund, da outra.
Cunha superficie de aproximadamente 32 000 km², forma un rectángulo de 240 km de lonxitude por 130–145 km de largura, delimitado
A súa profundidade máxima é de cerca de 700 metros preto das costas norueguesas, sendo que a súa profundidade media é de 210 metros (23 metros no Kattegat).
O seu nome deriva do nome da cidade de Skagen, a máis setentrional de Dinamarca.
O estreito ten un tránsito intenso, pois constitúe a única pasaxe (co canal de Kiel) ligando o mar do Norte ao mar Báltico.
En ambas as guerras mundiais, o Skagerrak foi estratexicamente moi importante para a Alemaña. Unha das maiores batallas marítimas da primeira guerra mundial, a batalla de Xutlandia, tamén coñecida como a batalla do Skagerrak, aconteceu aquí do 31 de maio ao 1 de xuño de 1916. A importancia do control desa pasaxe, o único acceso ao Báltico, foron motivos para as invasións de Dinamarca e de Noruega pola Alemaña durante a segunda guerra mundial.