Software privativo

O software privativo ou software propietario[1][2][3][4][5] é todo o software que non ten o seu código fonte accesible dunha forma libre, sen restricións, porque o desenvolvedor, ou unha persoa física ou xurídica, retén a propiedade intelectual deste[2][5][6] ou incluso os dereitos de patentes[7].

O software privativo pódese distribuír tanto dun xeito gratuíto como comercial.[2][7] Porén, o usuario final só ten a posibilidade de executar un binario baixo certas condicións que establece o desenvolvedor ou distribuidor.[2][7] Esas condicións non cumpren algún dos catro principios que indica o manifesto de software libre: ou ben o desenvolvedor establece en que casos se pode usar ese software, ou non ofrece o código fonte ou non permite a modificación e adaptación del por parte do usuario.[2][3][4][8][9] Esas limitacións poden ser tanto para a totalidade do software como para unha parte deste.[2] Con isto, o software privativo é o antónimo de software libre segundo o manifesto da Free Software Foundation (FSF).[8][9]

  1. Debian para torpes, eds. (15/01/2012). "Por que se le debe llamar software privativo y no software propietario" (en castelán). 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 GNU Project. Free Software Foundation, eds. "Categorías de software libre y software que no es libre" (en castelán). Consultado o 13/01/2018. 
  3. 3,0 3,1 María L. (20/09/2010). tecnoloxía.org, eds. "Que é o software libre?". 
  4. 4,0 4,1 "6. Software libre e software privativo". Galego en Madrid, Blogue de Lingua e cultura galegas en Madrid. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 María Goitia Fuertes (2015). UF0344 - Aplicaciones informáticas de administración de recursos humanos. Ediciones Paraninfo S.A. p. 176. ISBN 9788428397940. Software privativo: este tipo de software que estable cales son os termos polos que se pode empregar a ferramente e en cales casos se pode distribuír. Polo xeral non se ofrece acces ao código fonte polo que non hai xeito de modificalo. 
  6. Saraswati Experts. "2.5.3". En Saraswati House Pvt Ltd. Computer Science With C++. p. 1.27. ISBN 978-93-5199-877-8. Consultado o 14/01/2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 AUUG, Inc. (Marzo de 2003). "Chapter 1. Definitions". En AUUG, Inc. AUUGN. p. 51. Consultado o 14/01/2018. 
  8. 8,0 8,1 Richard Stallman. The Free Software Foundation, eds. "Free Software Is Even More Important Now". GNU Operating System. Consultado o 14/01/2018. 
  9. 9,0 9,1 The Free Software Foundation (eds.). "Proprietary Software Is Often Malware". GNU Operating System. Consultado o 14/01/2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in