Soia

Soia
Glycine max
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
Filo: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Phaseoleae
Subtribo: Glycininae
Xénero: Glycine
Especie: G. max
Nome binomial
Glycine max
(L.) Merr.
Sinonimia[1]
  • Dolichos soja L.
  • Glycine angustifolia Miq.
  • Glycine gracilis Skvortsov
  • Glycine hispida (Moench) Maxim.
  • Glycine soja sensu auct.
  • Phaseolus max L.
  • Soja angustifolia Miq.
  • Soja hispida Moench
  • Soja japonica Savi
  • Soja max (L.) Piper
  • Soja soja H.Karst.
  • Soja viridis Savi

A soia (Glycine max) é unha especie de legume nativa do leste de Asia, amplamente cultivada polo seu feixón comestíbel, que ten numerosos usos. A FAO clasifícaa coma unha oleaxinosa no canto dun legume seco.

A fariña de soia desgraxada é unha fonte de proteínas para a alimentación animal e precociñados importante e barata;[2] O aceite de soia é outro subproduto importante deste cultivo. Por exemplo produtos de soia coma a proteína vexetal texturizada (TVP nas súas siglas en inglés), son a base de moitos sucedáneos de leites e carnes.[3] A soia produce moita máis proteína por hectárea ca ningún outro cultivo.[4]

A comida tradicional non fermetada adoita usar a soia, incluíndo leite de soia, e desta, tofu e tona de soia. A comida fermentada incúe o mollo de soia, pasta de feixón fermentado, natto e tempeh, entre outros. O aceite emprégase en moitas aplicacións industriais. Os maiores produtores de soia son os Estados Unidos (35%), o Brasil (27%), a Arxentina (19%), a China (6%) e maila India (4%).[5] Os feixóns conteñen unha significante cantidade de ácido fítico, ácido alfa-linolénico, e isoflavonas.

  1. "Glycine max". Encyclopedia of Life. Consultado o February 16, 2012. 
  2. "Soybean". Swarthmore College Computer Society. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2012. Consultado o February 16, 2012. 
  3. Riaz, Mian N. (2006). Soy Applications in Food. Boca Raton, FL: CRC Press. ISBN 0-8493-2981-7. 
  4. "Soy Benefits". National Soybean Research Laboratory. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2012. Consultado o February 16, 2012. 
  5. "Growing Crush Limits India’s Soy Oil Imports" (PDF). Oilseeds:World Markets and Trade. United States Department of Agriculture. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de febreiro de 2012. Consultado o February 17, 2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy