Soldado raso

O soldado raso[1][2][3][4] ou peón[5][6], é aquel membro das forzas armadas, que xa ingresou e é efectivo, pero que ocupa o rango máis baixo despois de recruta na cadea de mando.

De feito, non ten ninguén ao seu mando. En España, denomínaselle simplemente "soldado", aínda que a denominación de soldado raso se entende mellor.

É o elemento básico dos exércitos, e da súa preparación depende, en gran parte, a eficacia das forzas armadas.

Na Armada, salvo no corpo de Infantaría de Mariña, en lugar de soldados existen mariñeiros. O seu xefe máis inmediato é o cabo. Ambos, cabo e soldado, forman parte da tropa.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para soldado.
  2. Definición de soldado no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para raso.
  4. Definición de raso, -sa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para peón.
  6. Definición de peón no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy