Solla, solla de altura Pleuronectes platessa | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||
Pleuronectes platessa Linnaeus, 1758 |
A solla,[1] tamén coñecida como solla de altura,[2][3][4] Pleuronectes platessa, Linnaeus, 1758, é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos, pertencente ao xénero Pleuronectes,[5] que vive nas costas do Atlántico, sobre fondos areosos ou lamacentos, ás veces de grava, desde o mar de Barents até o Mediterráneo occidental (golfo de León), así como nas costas de Islandia e do sur de Groenlandia.[4]
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, ten o corpo aplanado, asimétrico, e os dous ollos situados no mesmo lado (dereito), na cara pigmentada.