Sorribas, Sorribas, Rois

Sorribas
ParroquiaSorribas
ConcelloRois
Coordenadas42°47′26″N 8°40′38″O / 42.790675556087, -8.6773581486694
Poboación50 hab. (2013)
editar datos en Wikidata ]

Sorribas é un lugar da parroquia de Sorribas no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 50 habitantes (23 homes e 27 mulleres).

Vía Crucis de Sorribas

Trátase dun via crucis que, no ano 1698, un emigrante mandou levantar. Esta obra, que abarca 200 metros, conta cun total de 12 estacións e un calvario formado por tres cruceiros.

O via crucis é unha das prácticas de oración máis estendidas entre os cristiáns. Refírese ás diferentes partes vividas por Xesús dende o momento no que foi preso ata a crucifixión e sepultura.

Camiño sacramental

Antigamente había un camiño no cal levaban unha caixa dous ou máis homes co defunto dentro; este camiño comeza dende a porta da Igrexa ata o final do via crucis.

Asociación AMIPA

Un centro ocupocional para as persoas con algunha discapacidade intelectual.

Festas

San Tomé 21 de decembro.

Nosa Señora das Dolores 1º domingo septembro.

Festa Sacramento en xuño.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in