Spam

Símbolo anti spam.

O termo spam procede dunha popular serie de comedia inglesa, Monty Python, onde uns viquingos desleixados e teimudos pedían nun bar, a berros, latas dunha conserva americana de xamón de marca SPAM.

Na práctica, o spam é o envío repetido de mensaxes de correo electrónico, en gran cantidade, para distribuír información inútil, propaganda e unha variedade de propostas segundo esquemas tipo "gañe diñeiro fácil". Supón un desperdicio de recursos técnicos e de tempo de atención dos usuarios.

As persoas e sistemas que o envían devecen por atopar enderezos de correo electrónico activos e atendidos, sexan estes de tipo persoal ou de departamentos ou grupos de traballo, e recollen estes enderezos con programas que os buscan automaticamente en páxinas web, guías, directorios, chats e grupos de novas.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in