O termo inglés splicing utilízase internacionalmente para referirse ao que tamén se denomina empalme. Trátase do empalme de fragmentos cortados dunha molécula, que se volven a unir cataliticamente, xeralmente eliminando algúns deles. O termo úsase fundamentalmente para referirse aos procesos que teñen lugar durante a maduración do ARN, pero pode falarse de splicing nos seguintes tres casos:
Splicing de ARN: É un proceso co-transcricional de corte e empalme de ARN. O ARN córtase en cachos, elimínanse algúns deles e empálmanse os demais, orixinando o ARN maduro. Este proceso é moi común en eucariotas, nos que se dá en calquera tipo de ARN aínda que é máis común no ARNm. Tamén se describiu no ARNr e ARNt de procariotas e virus bacteriófagos.
Splicing de ADN[1]: Proceso que consiste na unión covalente de dous fragmentos de ADN bicatenario, catalizado por unha ADN ligase.
↑E N Lebedenko, K R Birikh, O V Plutalov, and Berlin YuA. Method of artificial DNA splicing by directed ligation (SDL). Nucleic Acids Res. 1991 Dec 25; 19(24): 6757–6761. doi: 10.1093/nar/19.24.6757 . PMCID: PMC329306 . PMID 1662363 .