Splicing alternativo

Dúas isoformas proteicas orixinadas por splicing alternativo.

O splicing alternativo ou empalme alternativo é un proceso de procesamento do ARN que permite obter a partir dun transcrito primario de ARNm ou pre-ARNm distintas moléculas de ARNm maduras das que se orixinarán distintas proteínas. Este proceso ocorre principalmente en eucariotas, pero tamén pode observarse en virus.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in