Stade de France

Stade de France
Stade de France
Datos
Coordenadas48°55′28″N 2°21′36″L / 48.924444444444, 2.36Coordenadas: 48°55′28″N 2°21′36″L / 48.924444444444, 2.36
LocalizaciónSaint-Denis, Francia
Construción
Inauguración28 de xaneiro de 1998
ArquitectoMichel Macary
Aymeric Zublena
Michel Regembal
Claude Constantini
Custo364 millóns de €
Estadio
SuperficieCéspede natural
Dimensións119 x 75
Capacidade81.338
PropietarioConsortium Stade de France
OperadoraConsortium Stade de France
LocalíaSelección de rugby de Francia
Selección de fútbol de Francia
Webhttp://www.stadefrance.com/
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O Stade de France (Estadio de Francia en francés) é un estadio situado en Saint-Denis, ao norte de París, en Francia. Cunha capacidade para 81.338 espectadores é o maior estadio do país.

Inaugurouse o 28 de xaneiro de 1998 no partido de fútbol entre Francia e España. Construído para o Mundial de Fútbol de 1998, deseñouse tamén para acoller diversos eventos deportivos (fútbol, rugby, atletismo, probas automobilísticas), concertos e grandes espectáculos en xeral. A súa capacidade oscila entre 75.000 asentos (atletismo), 81.338 (fútbol e rugby) e 90.000 (concertos, espectáculos) grazas ás súas bancadas inferiores retráctiles.

Esta construción tivo por obxectivo facer coñecer e desenvolver a zona de La Plaine - Saint-Denis, unha zona industrial en declive, con novos barrios residenciais e novas actividades terciarias. O Stade de France permitiu dar un rostro atractivo á dirección das empresas.

Esta zona benefíciase das boas comunicacións do estadio: 2 estacións RER (liñas B e D), unha estación de metro e conexións de liñas de autobús co norte, o oeste e o centro de París.

O equipo de arquitectos que o deseñaron está composto por Michel Macary, Aymeric Zublena, Michel Régembal e Claude Costantini (asociación das axencias SCAU e C. R. Architecture). O Xefe de Proxecto foi o arquitecto Norteamericano Tom Sheehan, cuxa labor neste proxecto tivo como recompensa a obtención da Medalla de Prata da Academia Francesa de Arquitectura. A xestión e mantemento do estadio corre a cargo da empresa Bouygues, GTM, unha filial de Vinci e STF.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy