Epónimo | Edward George Geoffrey Smith-Stanley (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Territorio Británico | Illas Malvinas | ||||
Illa | Illa Soidade | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.121 (2012) | ||||
Xeografía | |||||
Altitude | 51 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Lugar histórico nacional | |||||
Data | 8 de xuño de 1984 | ||||
Páxina web | falklandislands.com |
Stanley[1][2] (/ˈstænli/) ou Stanlei[3] (Puerto Argentino,[4] Porto Arxentino,[3] segundo a denominación arxentina),[5][6][7] é a capital das Illas Malvinas. Atópase na Illa Soidade, nunha pendente orientada ao norte, nunha das zonas máis húmidas das illas. No censo de 2012, a cidade tiña unha poboación de 2121 habitantes, a poboación total das Illas Malvinas era de 2.841 habitantes o Día do Censo, o 15 de abril de 2012.
Stanley está representado por cinco membros da Asemblea Lexislativa das Illas Malvinas.