Strigopoidea

Strigopoidea
Rango fósil: Mioceno temperán á actualidade

kaka, subespecie da illa Norte
(Nestor meridionalis septentrionalis)
no Zoo de Auckland, Nova Zelandia
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
(sen clasif.): Psittacopasserae (clado)
Orde: Psittaciformes
Superfamilia: Strigopoidea
Bonaparte, 1849

Os Strigopoidea (estrigopoideos) son unha superfamilia de papagaios (Psittaciformes) todos eles endémicos de Nova Zelandia,[1] que consta de polo menos tres xéneros: os vivos Nestor e Strigops, o fósil Nelepsittacus,[2][3] e probablemente o fósil Heracles.[4] O xénero Nestor consta (segundo os nomes maorís locais) do kea, e de tres especies de kaka,[5][6] mentres que o xénero Strigops comprende o famoso kakapo.[5]. Os xéneros agrúpanse nunha soa familia (Strigopidae) ou en dúas (Strigopidae e Nestoridae), dependendo da clasificación utilizada. As especies do xénero Nelepsittacus eran endémicas das illas principais, mentres que as dúas especies extintas do xénero Nestor atopábanse en illas oceánicas próximas como a illa Chatham de Nova Zelandia e a illa Norfolk e a adxacente illa Phillip.

O kaka da illa Norfolk (Nestor productus) e o kaka da illa Chatham (Nestor chathamensis) extinguíronse en época recente,[6][7] mentres que as especies do xénero Nelepsittacus extinguíronse hai 16 millóns de anos. Todas as especies extintas, e as actuais kakapo, kea, e o kaka que queda (coas súas dúas subespecies) están ameazadas.[8][9][10] As actividades humanas causaron dúas extincións e o declive das outras tres especies. Os colonos introduciron especies invasoras, como porcos e falanxéridos, que lles comían os ovos a estas aves que nalgunhas especies facían o niño no chan, e outros declives adicionais foron causados pola súa caza como alimento, matalos por consideralos pragas, perda de hábitat e a introdución de avespas.[11][12][13]

A superfamilia diverxeu dos outros papagaios hai uns 82 millóns de anos cando as terras de Nova Zelandia se separaron de Gondwana, mentres que os antepasados dos xéneros Nestor e Strigops diverxeron entre si hai entre 60 e 80 millóns de anos.[14][15]

  1. Nestoridae e Strigopidae descríbense no mesmo artigo de Bonaparte, C.L. (1849) Conspectus Systematis Ornithologiae. Por tanto, segundo as regras do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica, o primeiro revisor determina a prioridade, o cal é Bonaparte, C.L. (1850), Conspectus Generum Avium, E.J. Brill, Leyden.
  2. Christidis L, Boles WE (2008). Systematics and Taxonomy of Australian Birds. Canberra: CSIRO Publishing. p. 200. ISBN 978-0-643-06511-6. 
  3. Worthy, Trevor H.; Tennyson, Alan J. D.; Scofield, R. Paul (2011). "An early Miocene diversity of parrots (Aves, Strigopidae, Nestorinae) from New Zealand". Journal of Vertebrate Paleontology 31 (5): 1102–16. doi:10.1080/02724634.2011.595857. 
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Worthyetal2019
  5. 5,0 5,1 Forshaw, Joseph M.; Cooper, William T. (1981) [1973, 1978]. Parrots of the World (corrected second ed.). David & Charles, Newton Abbot, London. ISBN 0-7153-7698-5. 
  6. 6,0 6,1 Millener, P. R. (1999). "The history of the Chatham Islands' bird fauna of the last 7000 years – a chronicle of change and extinction. Proceedings of the 4th International meeting of the Society of Avian Paleontology and Evolution (Washington, D.C., June 1996).". Smithsonian Contributions to Paleobiology 89: 85–109. 
  7. BirdLife International (2008). "Nestor productus". IUCN Red List of Threatened Species. 2008. Consultado o 24 de decembro de 2008. [1] Arquivado 23 de agosto de 2020 en Wayback Machine.
  8. BirdLife International (2008). "Strigops habroptila". IUCN Red List of Threatened Species. 2008. Consultado o 24 de decembro de 2008. [2] Arquivado 30 de maio de 2009 en Wayback Machine.
  9. BirdLife International (2008). "Nestor meridionalis". IUCN Red List of Threatened Species. 2008. Consultado o 24 de decembro de 2008. [3] Arquivado 23 de agosto de 2020 en Wayback Machine.
  10. BirdLife International (2008). "Nestor notabilis". IUCN Red List of Threatened Species. 2008. Consultado o 24 de decembro de 2008. [4] Arquivado 14 de xuño de 2009 en Wayback Machine.
  11. "Threats to Kākāpō". Department of Conservation Te Papa Atawbai. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2009. Consultado o 2008-12-31. 
  12. "Threats to Kākā". Department of Conservation Te Papa Atawbai. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2008. Consultado o 2008-12-31. 
  13. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome DOC-Kea
  14. Wright, T.F.; Schirtzinger E. E.; Matsumoto T.; Eberhard J. R.; Graves G. R.; Sanchez J. J.; Capelli S.; Muller H.; Scharpegge J.; Chambers G. K.; Fleischer R. C. (2008). "A Multilocus Molecular Phylogeny of the Parrots (Psittaciformes): Support for a Gondwanan Origin during the Cretaceous". Mol Biol Evol 25 (10): 2141–2156. PMC 2727385. PMID 18653733. doi:10.1093/molbev/msn160. 
  15. Grant-Mackie, E.J.; J.A. Grant-Mackie; W.M. Boon; G.K. Chambers (2003). "Evolution of New Zealand Parrots". NZ Science Teacher 103. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy