Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
A Sturmabteilung ou SA (que pode traducirse do alemán como División de Asalto) funcionou como organización paramilitar do partido nazi alemán. Desempeñou un papel clave no ascenso ao poder de Adolf Hitler nos anos 30. Os membros da SA eran comunmente coñecidos como os camisas pardas pola cor do seu uniforme, e para distinguilos dos membros da SS (Schutzstaffel), que eran coñecidos como os camisas negras.