Suburbio

Diversos conxuntos habitacionais que forman os suburbios de Madrid, en España.
Vista de Alphaville, un dos suburbios de São Paulo, no Brasil.

Suburbio (do latín suburbium, "baixo da urbe") é un termo propio da xeografía urbana empregado para designar as zonas residenciais da periferia urbana ou arrabalde, especialmente referido a barrios baixos, pobres, marxinados ou degradados desas zonas periféricas afastadas do centro da cidade.[1][2]

As características das zonas suburbiais ou suburbanas, no sentido que se lle dá no urbanismo, están determinadas polo compoñente social da súa poboación: xente nova de clase traballadora, que se establecen en multinúcleos menores dispersos próximos á cidade e comunicados con bos sistemas de estradas cara ás periferias. O modelo de convivencia da vida social é por amizades en espazos públicos, escolas, prazas, festas etc., que dá uniformidade aos servizos e institucións e a unha calidade de vida de habitabilidade superior á cidade: espazos verdes, paisaxe aberta etc.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para suburbio.
  2. "Suburb". Dicionario Princeton (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2010. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy