Os surfactantes[1][2] ou axentes tensioactivos[3][4][5] son compostos que rebaixan a tensión superficial (ou tensión interfacial) entre dous líquidos, entre un gas e un líquido ou entre un líquido e un sólido. Os surfactantes poden actuar como deterxentes, axentes humectantes, emulsionantes, axentes escumantes e dispersantes. Nos organismos vivos hai compostos surfactantes naturais como o surfactante pulmonar ou axente tensioactivo pulmonar.[6][7]
- ↑ Vocabulario de química. Santiago de Compostela, Universidade, 2002 surfactante
- ↑ Vocabulario de medicina. Santiago de Compostela, Universidade / Consellería de Sanidade, 2008 surfactante
- ↑ Vocabulario de química. Santiago de Compostela, Universidade, 2002 axente tensioactivo
- ↑ Vocabulario de medicina. Santiago de Compostela, Universidade / Consellería de Sanidade, 2008 axente tensioactivo
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tensioactivo. (tensioactivo definido como adxectivo)
- ↑ Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria. Santiago de Compostela, Universidade / Consellaría do Medio Rural, 2008 [1]
- ↑ Diccionario galego de termos médicos. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002. Páxina 736. [2]