Sutura lambdoide

Articulacións ou suturas óseas dun cranio humano.
1 sutura coronal;
2 sutura saxital;
3 sutura lambdoide.

A sutura lambdoide é unha das suturas craniais, que conecta os ósos parietais co occipital, o que implica que é unha articulación inmóbil. Durante os primeiros anos de vida permanece sen osificarse por completo permitindo que o cerebro creza e os ósos se movan. Un peche prematuro podería provocar un perigoso aumento da presión intracranial.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in