Taboada | |
---|---|
Carballo de Ramos | |
Parroquia | Carballo |
Concello | Taboada |
Coordenadas | 42°42′48″N 7°45′44″O / 42.713463888889, -7.7622694444444 |
Poboación | 796 hab. (2014) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Taboada, tradicionalmente coñecida como San Tomé do Carballo,[1] é unha vila da parroquia do Carballo no concello lugués de Taboada, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2014 tiña 796 habitantes (432 mulleres e 364 homes), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 849 habitantes.
É a capital municipal.
O actual casco urbano prolóngase tamén polo termo parroquial de San Pedro de Bembibre, sendo que a parte alta da vila, aproximadamente desde o cruzamento da Avenida de Lugo coa Rúa dos Condes de Taboada, pertence a esta última parroquia.