Talking Heads

Actuación en Toronto no ano 1978
OrixeNova York,
Período1974 - 1991
2002
Xénero(s)New Wave, art punk, post-punk, worldbeat
Selo(s) discográfico(s)Sire, Warner Music, EMI
Antigos membrosDavid Byrne
Chris Frantz
Tina Weymouth
Jerry Harrison
Artistas relacionadosTom Tom Club, Brian Eno, Casual Gods, The Modern Lovers, The Heads
Na rede
http://www.talking-heads.net/ e https://talkingheadsofficial.com
IMDB: nm0848088 Facebook: TalkingHeadsofficial MySpace: talkingheads1 BNE: XX116299 Spotify: 2x9SpqnPi8rlE9pjHBwmSC iTunes: 155546 Last fm: Talking+Heads Musicbrainz: a94a7155-c79d-4409-9fcf-220cb0e4dc3a Songkick: 12353 Discogs: 22854 Allmusic: mn0000131650 Deezer: 181 Genius: Talking-heads Editar o valor em Wikidata

Talking Heads foi unha banda de new wave estadounidense formada en 1974 en Nova York[1] e que estivo activa até 1991. A banda estaba formada por David Byrne, Chris Frantz, Tina Weymouth e Jerry Harrison, aínda que outros músicos tamén fixeron aparicións nalgúns concertos ou álbums do grupo.

O estilo new wave de Talking Heads combinaba elementos dos xéneros punk rock, avant-garde, pop, funk, música do mundo e art rock. O líder e compositor David Byrne contribuíu facendo letras esotéricas e fantásticas para as cancións, e gravou con distintos medios as súas actuacións e proxectos para demostrar o seu talento. O crítico Stephen Thomas Erlewine describiu a Talking Heads coma "unha das bandas máis aclamadas dos anos 80 polos críticos, mentres que estaba dirixida para conseguir éxitos pop".[2]

No ano 2002, a banda ingresou no Salón da Fama do Rock and Roll. Catro dos seus álbums apareceron na revista Rolling Stone no ano 2003, na lista dos "500 Mellores Álbums de todos os Tempos". Tamén saíron na lista dos 100 mellores álbums que fixo Channel 4, onde aparecía un dos seus álbums, Fear of Music, no posto setenta e seis. O seu concerto-filme Stop Making Sense está considerado como un dos mellores exemplos do seu xénero.[3]

  1. "Talking Heads". Rock and Roll Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 23 de novembro de 2008. 
  2. allmusic Talking Heads Biography
  3. Muñoz, Almudena (9 de xuño de 2012). "Las mejores películas de conciertos musicales". LaButaca.net. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 21 de outubro de 2015. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy