Tamaulipas, oficialmente Estado Libre e Soberano de Tamaulipas, é un dos 31 estados, que xunto coa Cidade de México, conforman as entidades federais de México. O estado está dividido en 43 concellos e a súa cidade capital é Ciudad Victoria. Atópase no nordeste de México e limita cos estados de Nuevo León ao oeste, San Luis Potosí ao suroeste e Veracruz ao sueste. No norte, ten un treito de 370 km da fronteira entre os Estados Unidos e México co estado de Texas, e ao leste limita co golfo de México.[1] Ademais da capital, Ciudad Victoria, as meirandes cidades do estado son Reynosa, Matamoros, Nuevo Laredo, Tampico e Mante.
- ↑ "Tamaulipas" (PDF). SRE. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 21 de abril de 2011. Consultado o 7 de abril de 2011.