Tampa

Modelo:Xeografía políticaTampa
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 27°56′51″N 82°27′31″O / 27.9475, -82.4586Coordenadas: 27°56′51″N 82°27′31″O / 27.9475, -82.4586
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoFlorida
CondadoCondado de Hillsborough, Florida Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación384.959 (2020) Editar o valor en Wikidata (848,29 hab./km²)
Número de fogares156.705 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaÁrea da baía de Tampa Editar o valor en Wikidata (Poboación:3.175.275) Editar o valor en Wikidata
Superficie453,805005 km² Editar o valor en Wikidata
Auga35,2817 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude15 m Editar o valor en Wikidata
Creación1823 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataJane Castor (2019–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico813 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webtampagov.net Editar o valor en Wikidata
Facebook: TampaGov Twitter: cityoftampa Instagram: tampagov Snapchat: cityoftampa Youtube: UCx4-4RHo_bhTMQJNh6Du0AA Flickr: 63217508@N03 BNE: XX459785 Editar o valor en Wikidata

Tampa (/tæmpə/)[1] é unha cidade do Estado de Florida. Ademais é a sede do condado de Hillsborough e atópase na costa leste de Florida, na Baía de Tampa, preto do golfo de México. A poboación de Tampa no 2011 era de 346.037 persoas.[2][3]

O territorio actual de Tampa ocupárono pobos indíxenas, da cultura Safety Harbor, especialmente os Tocobaga e os Pohoy, que viviron na Baía de Tampa. Os españois exploraron brevemente este territorio a comezos do s. XVI, pero non houbo asentamentos permanentes, europeos ou americanos, dentro do territorio que ocupa hoxe en día a cidade, ata que os Estados Unidos mercaron Florida a España, en 1819.

En 1824, o exército dos Estados Unidos creou un posto fronteirizo chamado Fort Brooke na foz do río Hillsborough, preto do actual Centro de Convencións de Tampa. A primeira poboación civil asentouse preto do forte, coa protección da poboación seminole. A cidade creceu pouco a pouco até a década de 1880 cando, o ferrocarril, o descubrimento do fosfato, e a chegada da industria tabaqueira, dispararon o desenvolvemento de Tampa e axudaron a convertela nunha importante cidade a comezos do século XX.

Hoxe en día, Tampa forma parte da área metropolitana xeralmente coñecida como Área da Baía de Tampa. Para o censo dos Estados Unidos, Tampa forma parte da Área estatística metropolitana Tampa-San Petersburgo-Clearwater. A zona dos catro condados ten uns 2,7 millóns de habitantes, o que a converte na segunda Área estatística metropolitana (MSA) máis poboada do estado, e na cuarta no Sueste dos Estados Unidos, tras Miami, Washington, D.C., e Atlanta.[4] A maior zona da Baía de Tampa ten sobre 4 millóns de persoas e normalmente inclúe as áreas metropolitanas de Tampa e Sarasota. Os datos da Asociación da Baía de Tampa e do Censo dos Estados Unidos mostran un aumento medio de poboación do 2,47%, 97.000 persoas ao ano. Entre os anos 2000 e 2006, o número de residentes experimentou unha subida do 14,8 %, crecendo de 3,4 a 3,9 millóns e superando a marca de 4 millóns de persoas o 1 de abril de 2007.[5] Unha sondaxe de poboación do 2012 calcula que a Área da Baía de Tampa ten unha poboación de 4.310.524 persoas, fronte aos 19.317.568 de habitantes de todo o estado de Florida,[6] e estímase que no ano 2017 terá uns 4.536.854 habitantes.[7]

Tampa ten importantes equipos deportivos, entre os que se atopan os Tampa Bay Buccaneers, da National Football League, os Tampa Bay Lightning, da National Hockey League, e os Tampa Bay Storm, da Arena Football League. Ademais, os Tampa Bay Rays, da Major League Baseball e os Tampa Bay Rowdies da North American Soccer League xogan os seus partidos como locais na veciña San Petersburgo.

No 2008, a revista Forbes considerouna a quinta mellor cidade para facer actividades ao aire libre.[8] Nunha sondaxe do ano 2004, feita polo xornal da Universidade de Nova York, o Washington Square News, Tampa quedou como unha das mellores cidades para "vinteañeiros".[9] Tampa é unha cidade global "Gamma" segundo a Universidade de Loughborough. De acordo a esta universidade, Tampa está á altura doutras cidades como Phoenix, Santo Domingo, e Osaka.[10] Nos últimos anos, aumentou a demanda dos consumidores de Tampa, o que amosa a riqueza concentrada na zona.[11][12]

  1. "Tampa". The American Heritage Dictionary of the English Language (en inglés). Houghton Mifflin Harcourt. Consultado o 4 de decembro de 2011. 
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome quickfacts
  3. Oficina do Censo dos Estados Unidos (1 de xullo de 2011). ""Táboa 1. As 15 cidades cun maior incremento de poboación dende o 1 de abril de 2010 ata 1 de xullo de 2011"" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2012. 
  4. "táboa con encabezados na columna A e as cabeceiras das columnas das filas 3 e 4 (os puntos indican os principais subapartados)" (en inglés). census.gov. Arquivado dende o orixinal (CSV) o 04 de abril de 2009. Consultado o 3 de setembro de 2010. 
  5. "Tampa Bay metro market hits milestone" (en inglés). Tampa Bay Business Journal- bizjournals.com. 20 de xuño de 2007. Consultado o 23 de febreiro de 2008. 
  6. Oficina do Censo dos Estados Unidos (10 de xaneiro de 2013). "Poboación estimada de Florida en 2012" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2012. Consultado o 12 de febreiro de 2013. 
  7. "Tampa Bay, Florida Demographics" (en inglés). tampabay.us. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2012. Consultado o 1 de xaneiro de 2013. 
  8. Ruiz, Rebecca. "In Depth: America's Best Cities For The Outdoors". Forbes (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2013. Consultado o 17 de xaneiro de 2013. 
  9. Danik, Sarah (10 de maio de 2004). "Top six cities for 20-somethings". Washington Square News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2013. 
  10. "GaWC – The World According to GaWC 2010" (en inglés). Lboro.ac.uk. 14 de setembro de 2011. Consultado o 28 de setembro de 2011. 
  11. "Business: Tampa Bay's new address: Upscale, USA" (en inglés). Sptimes.com. 9 de xullo de 2006. Consultado o 17 de abril de 2011. 
  12. Brian Montopoli (May 12, 2010). "Tampa, Florida to Host 2012 Republican National Convention" (en inglés). CBS News. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2013. Consultado o 23 de outubro de 2011. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy